Mostrando entradas con la etiqueta RETO 16.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETO 16.. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2020

RETO 16

PROBA MENTE EN FORMA:CARREIRAS DE GUSANOS


El papel de DIY manualidades para niños | Papel gusano - YouTubeBos días!
Hoxe temos para vós un reto moi sinxelo,pero a súa vez moi divertido. Que vos parece facer estos simpáticos gusaniños e facer carreras coas vosas familias?
Deixamosvos unha ligazón para que vexades como se fan.

https://youtu.be/masXI2h3qt0


PROBA CORPO EN FORMA:

 Unha casa moi Salvaxe
¿Sabedes cómo fan vida cotiá os animais?
Papaaaaa! xa están os novos retos no Blog!! 
Esta receta de bolachas vai quedar ummmm saborosa!!





Cada animal móvese e comportase de maneira diferente, imos andar coma eles pola casiña. Anímadevos a sacar o voso lado máis salvaxe 
ARRRRRGGGG!!!
Deixamosvos algunhas pistas:

Pingüin: andaremos como un pingüin cos pés xuntos , debemos xuntar os talóns e intentar andar con eles ben xuntiños.

Elefante: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por debaixo del estirado e dobramos o cóbado para intentar coller o naris, desa forma o brazo estirado queda suxeito có brazo e  utilizámolo de trompa.
Tigre: andamos a catro patas mentras ruximos e damos gadoupas.
Canguro: damos saltos fortes cás duas pernas e os brazos dobrados.
: damos saltiños pequenos cós pés xuntos , os xeonllos flexionados e as mans no chan.


Usade a voso maxín para representar todos os animáis que queirades!!!

Chegou o momento de convertir a nosa casiña nunha sabana, no artico, na estepa australiana ou nunha selva amazónica. Mentras dure o reto deberemos toda a familia andar como estes animáis salvaxes, cando outro membro da familia nos diga: agora eres “animal” ( ex: tigre, águia, cocodrilo,etc) deberemos seguir co que estábamos a facer pero actuando como o faría ese animal. Non tendes que pasar moito tempo actuando así, o divertido é escoller o momento.
Imaxinade Bruno vai cara a cociña coller a merenda cando mamá berra: Bruno agora eres Pingüin , daquela Bruno terá que ir andando ata a cociña coma un pingüin. Mais Bruno tambén pode propoñer animáis a súa mamá, papá, irma@s..etc.
Os vosos videos de seguro serán moi salvaxes!!!!




- Rá-mona mira como fan o animal nestes videos a rapazada do Sal-Lence
- Vou Rá-quel estou a mirar as ligazóns de interese que molan mil!!!
LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN: