miércoles, 27 de mayo de 2020

VERÁN 2020

Rapazada esta aventura virtual remata chea de días felices e bos momentos xunt@s, gañamos moreas de antivirus entre tod@s enchendo de cores todos os coles da Coruña!!!

Campamento de Verano Eco-Play | Agenda | Deportes | Ayuntamiento ...

O verán esta xa agardando  para darnos ralliños de sol e como non podería ser de outra forma aquí tendes as actividades lúdicas máis divertidas!!!





CAMPAMENTOS CONCELLO DA CORUÑA:

Imaxe da campaña

O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez
Para que vos sexa máis doado deixamos este enlace:

"CON CILIA NO COLE"

O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NO VERÁN DA FEDERACIÓN DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS DA CORUÑA

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.

Con Cilia no cole

Para que vos sexa máis doado acceder a toda a información deixamos este enlace:


No hay comentarios:

Publicar un comentario