MENTE EN FORMA: Patronus
Un patronus é un feitizo que se realiza para afastar aos dementores que merodean por Howards. Durante o seu terceiro curso, Harry e os seus amigos deben aprender este feitizo para repeler aos dementores que buscan a Sirius Black.
Cada mago ten o seu propio patronus, cal é o voso?
Neste reto propoñemos crear o voso propio patronus. Para iso necesitades unha plantilla do patronus que escollades, a cal deberedes pegar nunha cartulina con celo para poder despegala despois. Agora deberedes pintar toda a cartulina do modo que máis vos guste. O resultado é espectacular!
Agora deixámosvos unha ligazón con un test para descubrir o voso patronus
CORPO EN FORMA
ATRAPA VARIÑAS NO AIRE
Logo podes ir aumentando a dificultade aumentado de cada vez dous máis.
Cantos serás cápaz de coller sen que caian ao chan?
No hay comentarios:
Publicar un comentario