A nosa proposta de hoxe é que realicedes o voso propio maio, podedes facelo de papel ou engadindo elementos da natureza que recollades no voso paseo diario. De seguro que quedarán fermosísimos!
Non esquezades grabar os vosos vídeos de todo o proceso😉

.png)

CORPO EN FORMA
Canto coñeces a túa casa
Teremos que lograr ir dún lugar a outro cos ollos tapados. Intentaremos ir amodiño para non nos lastimar, preparando o espazo para non bater con nada. Unha axudiña percorede a casa cos ollos ben abertos facendo un mapa mental se non o tedes xa 😅.
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"
LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario