lunes, 4 de mayo de 2020

RETO 19

MENTE EN FORMA:
TIRACHINAS CASEIRO


Ola de novo amigos! 

Tedes gañas de facer algo moi sinxeliño e divertido? Que che parece un tirachinas? Veña, imos aló.


Para realizar o teu tirachinas só precisas:

- Un rollo de papel hixiénico 

- Un globo da cor que máis che guste

-Moooita imaxinación !!!!!

Sabes qué hacer con un rollo de papel higiénico?Globos de colores 5"-13cm Sempertex. Globos de látex para decoración.



PASO 1: Ata o teu globo un nó SEN hichalo
PASO 2: Cunhas tixeiras córtao máis ou menos pola metade
PASO 3: Colócao no rolo de papel e mételle un papeliño no interior.

E.... LISTO, XA O TES!

Podes decoralo póndolle un montón de cores, debuxos e pegatinas


manualidades-para-ninos-faciles-y-divertidas-tirachinas-con-globos




CORPO EN FORMA


A pesca sen saír da casa💦👀👀

Bos días nenos/as, temos que preparar as nosas destrezas para cando podamos nadar, mergullarnos e bucear polas nosas praias e sobre todo a nosa a de Oza !!!


A quen lle apetece coller un montón de tesouros na auga?


E como polo agora o baño non está permitido, podemos coller un barreño na nosa casa, e con material de refugallo usar os materiais como peixes, cunchas, pedras...o que imaxinedes!!

É unha pesca libre, polo que podemos usar ás nosas bocas e coller un paos chinos, unha culler, un colador...


Pero logo lembrade, todo de volta ao mar! 

Coidamos as nosas praias!!

Estades preparados? Mandádenos os vosos videos e as fotos da vosa pesca!!!



SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:




No hay comentarios:

Publicar un comentario