viernes, 1 de mayo de 2020

RETO 18

MENTE EN FORMA



Bos días! Esperamos que todos esteades ben.
Hoxe temos para vós un reto moi especial, xa que foi proposto por un antigo compañeiro do cole moi querido por todos nós. Aquí embaixo tedes o reto de Ales Campo😊


Antes de presentarvos o reto quero contarvos unha cousiña:
Tódolos anos, na miña vila celébrase o Vermú das Señoritas. 
Nesta festa, tódalas familias baixamos vestidos; os homes de mulleres e as mulleres de homes. Resulta moi gracioso ver aos veciños e amigos cas súas vestimentas. Pasámonos o día bailando, facendo bromas e compartindo bos momentos.
Para min o momento máis divertido é o momento no que nos vestimos nas nosas casas.

Rétovos a mandar unha foto coma se forades a esta festa tan auténtica. Lembrade que cantos máis participedes mellor o ides pasar.
Podedes vestirvos do que queirades, de calqueira cousiña que atopedes pola casa.
Estou desexando ver as vosas fotos e vídeos.
Sabedes onde se celebra esta festa?

Unha aperta moi grande desta señorita!!


CORPO EN FORMA

Juego de números de dibujo para niños en la calle - Descargar ...Agora que xa podemos sair un ratiño á rúa, gustaríanos moito ver como mantedes o voso corpo en forma respirando aire puro. Enchenos de ledicia saber que pouco a pouco podemos xogar un pouquiño coma antes e qué mellor maneira que mandándonos os vosos vídeos.
LEMBRADE MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE E LAVAR MOITO AS MANS.


SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:





No hay comentarios:

Publicar un comentario