BO DÍA A TODO O MUNDO!!!
Hoxe temos a gran sorte de contar con Pulpiño Viascón e o Páxaro Tui no noso blog, abride ben os ollos e as orellas e dádelle ao play!
Marcos Aboal Vázquez, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón, é un polifacético artista que forma parte de Os Diplomáticos de Monte Alto e formou parte de proxectos como Bonovo, Jarbanzo Negro, Galegoz, Tecpilek, Cospe Escapa, os Bolechiñas, Maraya Zydeco ou Pulpiño Viascón e os Instrumentos Máxicos. Ademais, colaborou tocando o serrucho e a trompeta con Manu Chao no seu álbum Sibérie m' était contéee e con Susana Seivane. Despois do seu éxito en grupos previos, trae agora animacións de rúa itinerantes para todos os públicos.
Para escoitar a súa música prema nesta ligazón
MILLEIROS DE GRAZAS POR PARTICIPAR PULPIÑO !
No hay comentarios:
Publicar un comentario