jueves, 9 de abril de 2020

RETO 9

RETO MENTE EN FORMA

Bos días a todos e todas!!
Hoxe traemos uns retos moooi divertidos, estamos desexando ver os vosos vídeos de como o facedes. Recordade animar as vosas familias e compañeiros do cole, cantos máis vídeos e fotos máis antivirus acadaremos.
En primeiro lugar , temos para vós o reto da galleta. Seredes capaces de comervos unha galleta empregando soamente os músculos da vosa cara? Non é doado pero seguro que o conseguiredes!


Face the cookie minute to win it FOR kids

En segundo lugar propoñémosvos este divertido reto chamado culler ra, no cal deberedes propulsar unha culler a unha taza empregando outra culler como panca.


SPOON FROG MINUTE TO WIN IT FOR KIDS


IMPORTANTE


"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois dos retos"


RETO CORPO EN FORMA

A estas alturas xa somos todos/as atletas ben entrenados/as!!! por iso é o momento de poder ensinar as nosas maestrias deportivas e que cousa mellor cunhas Olimpiadas!!! bravooooo!!! Mais non son unhas calquera son:

"Olimpiadas Fogareñas Inventadas"

As disciplinas olímpicas convocadas para esta ocasión especial 

1. Encestar os calcetins no caixón
Facemos "pelotas! cos nosos calcetins e a encestar!!!.
Probade a lanzar dende distintas distancias para que sexa máis divertido!!!



2. Levantamento de peluches
Debemos coller todos os bonecos/peluches que poidamos abrazar e contar ata 5!! que forza a nosa!!
3. Escrima con culleres
Os nosos floretes esta vez seran culleres ou cazos, debemos intentar marcar o noso/a adversario/a pero
OLLO! amodiño sen nos magoar. Ninguen gaña o importante é pasalo ben!

4.Saltos na cama
Como nos gusta saltar na cama!!! Para lograr esta proba debes sacar unha foto no aire (como na imaxe de arriba) tamén estaría xenial ver en video como saltades cheos/as de ledicia!!!

Momento da entrega de medallas!!! pero xa sabedes que son Olimpiadas Fogareñas Inventadas así que toca crear unhas medallas usade a voso maxín.

Todas de ouro claro! somos os/as mellores!!


Filmade a entrega de medallas sera un gusto poder ver os/as campións/as!!!

LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:




No hay comentarios:

Publicar un comentario