miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 5


1 DE ABRIL





BO DÍA, XOGAMOS?
MENTE EN FORMA
ELABORA XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Este ano, seguramente non poidamos asistir á Feira Matemática e a Ciencia na rúa, pero nós que somos tan creativos e na casa temos un montón de material de refugallo propoñemos estas ideas para xogar na casa, e se queredes podedes subir as vosas creacións innovadoras.

Primeira idea: O 3 en raia caseiro

                                                   
Cun pouco de imaxinación podemos usar o material que teñamos e incluso usar a ventá para realizar o noso panel e xogar cos veciños de en fronte. Só necesitaríamos cinta ou fixo e papeis de cores ou cartón para facer as fichas.

Segunda idea: Xogo de mesa de fútbol

Xa sabemos que non podedes sair a rúa e xogar coas pelotas, Pero se montamos a nosa propia partidas coas nosas familias?

                                   


¡Aquí tedes un exemplo pero podedes vortalle moita imaxinación!

Terceira idea:  Quebracabezas con vasos ou tapas
                                 

Só tedes que darlle cor as tapas, rolos de papel hixiénico, vasos de iogur ou outro material que teñamos de refugallo, montar un taboleiro se xogas ti só, ou dous taboleiros se xogas contra alguén, coas 3 cores que escollas, e a enredar  un pouco as fichas, deixando un oco valeiro. Canto tempo tardades en voltar as fichas ao seu lugar?



CORPO EN FORMA
SOMOS SERPES



Comezamos cun reto moi divertido para quentar, imos a elo!! Túmbate no chan e coloca algúns peluches diante dos teus pés. Agora colle un peluche cos pés e colócao detrás da túa cabeza, tal e como ves no vídeo, nós animámonos a facelo, ti?




Agora que xa superaches a primeira proba, imos á segunda!
É probable que nunca pensaras convertirte nunha serpe e deambular polo pasillo da túa casa pero... é o momento e pode ser moi divertido!


IMPORTANTE


"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


Para isto só precisas:
1. Unha manta ou sábana
2. O teu corpo e mooita rapidez
Linda serpiente retorciéndose plana - Descargar PNG/SVG transparente

Envolve o teu corpo como un rollito deixando os teus brazos e pernas dentro da manta. Agora é o momento de reptar polo pasillo! Podes votarlles unha carreira aos teus familiares, e se non, cronometra canto tempo tardaches en recorrer o teu pasillo.

Serías un bo reptil? Nós dende logo, aquí o podes ver:




ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

                                                    LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:



1 comentario: