Bos días!
Hoxe temos un reto moi doado e que sabemos que vos gusta un montón. Imos facer os nosos avións de papel e practicar a nosa puntería.
O primeiro é facer o noso avión.
Unha vez listo, comezaremos coa nosa diana e a practicar!
Lembrade practicar origami ou papiroflexia achega grandes beneficios, sendo especialmente recomendado para a vosa idade, xa que ademais de ser unha actividade moi fácil e flexible de facer, achega unha gran estimulación no desenvolvemento creativo.
Se vos apetece facer máis cousas botádelle un ollo as ligazóns de interese.
Que vos parece se facemos un circuíto pola casas metidos dentro dunha bolsa de basura?
Collede unha bolsa de basura ou enroscade unha manta e retade a Mamá e a Papá a unha carreira polo corredor.
Será moi divertido!
IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"
LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario