Bos días amig@s!
Hoxe temos para vós un reto moi sinxelo. Gustaríanos que fixerades un vídeo do que vedes dende as vosas casas cada día cando saides a aplaudir as 8 da tarde. Resultanos moi fermoso ver como a xente é solidaria e respeta tanto aos que coidan de nós.
PROBA CORPO EN FORMA : UN PARA GAÑAR
Deberedes ter un cronómetro ou un reloxo a man e retar aos irmáns e aos papás e mamás a realizar as probas en menos dun minuto.
Sabemos que todos os materiais non os teredes dispoñibles así que aquí van 3 exemplos onde poderedes realizar as que queirades e logo envialas en formato vídeo ou foto.
1-Tira as botellas
Cunhas medias de mamá e unhas botellas de auga pequenas poderemos facer outro divertido xogo. Nas medias meteremos unha pelota pequena e as medias na cabeza como vemos ao neno, e as botellas de pe,deberemos tiralas ao chan en menos de un minuto
Veña quen pode?
2- Equilibrio de pasta
Se temos espaguetis colleremos un e tamén algúns macarrones alongados para colocar na esquina da mesa e sen utilizar as mans tentar metelos polo espagueti, cantos somos capaces de meter dentro?
3- Qué non caiga!
Este xogo é moi divertido e poderemos ver como todos van dun lado a outro da casa cun globo. Consiste en facer rebotar un globo co noso dedo índice tantas veces como nos sexa posible. Poderemos movernos dun lado a outro do salón pero sempre utilizando un só dedo.
Competide coas vosas familias, que non caiga!!
IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"
No hay comentarios:
Publicar un comentario