martes, 14 de abril de 2020

RETO 11


PROBA MENTE EN FORMA: FLORES MÁXICAS


Bos días!
 Para o reto de hoxe temos un experimento chulísimo!
Facer unhas flores de papel e despois gozar do espectáculo de ver como se abren cando as pos en auga. É unha actividade  superdivertida que combina a arte coa ciencia. 

Materiais:
Un recipiente con auga ( bol, prato fondo,  ensaladera…)
Papel.
Lapis de cores,  rotuladores...
Tesoiras.

Procedemento:
Nunha folla de papel debuxa e  colorea unha flor.
Recórtaa. Se utilizaches  rotuladores para decorar, espera a que a tinta estea completamente seca antes de continuar co seguinte paso.
Dobra os pétalos cara ao centro da flor.
Coloca, coidadosamente, a flor encartada no recipiente con auga.
Hai que esperar un  ratiño ata que a flor absorba un pouco de auga e comece o espectáculo.

Os pétalos iranse abrindo aos poucos (ten paciencia).

Que ocorreu?
 Entre as características máis asombrosas da auga, que son moitas, podemos atopar a capilaridade. 
O papel está composto de fibras entrelazadas de celulosa e  lignina, que á súa vez proceden da madeira. Estas  fibritas funcionan como pequenos capilares que son capaces de absorber a auga do recipiente. Coa achega de auga as fibras ínchanse e enderéitanse, o que provoca que os pétalos da flor ábranse.
A continuación deixamosvos unhas flores para imprimir se o preferides.





IMPORTANTE


"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


PROBA CORPO EN FORMA:

Ola!! esperamos que esteades a pasalo ben cos retos e xogos , por iso non paramos de entrenar!!


ÁNIMO!!

Hoxe continuamos co noso ximnasio na casa BENNNNN!!
Usaremos cousas que teñamos por ahí na casa e sexan de facil manexo. Para este primeiro día channnn chaaannnn chaannnn!!! Ollo!!

Exercicios cunha CADEIRA:







1.
Colocamos a cadeira xunto a unha parede para que non escorregue, elevamos as pernas rectas dende o chan ata onde alcancemos segundo vemos na imaxe de arriba.
10 veces con cada perna 

2.

Este exercicio consiste en levantar os seonllos ata o peito.
5 veces ,descansamos 15 segundos, e outras 5 veces
3.


Colocamos a cadeira xunto a unha parede para que non escorregue, agarramos os laterais cas mans ben firmes e os pes cun calzado que non escorregue. Baixamos e subimos a modiño usando os brazos.
Desta vez facedeo as veces que poidades, recorda que é un entreno fogareño non unha competición.


IMPORTANTE



"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


Esperamos as vosas fotos e videos cheos de ledicia!!!



LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:




No hay comentarios:

Publicar un comentario