lunes, 13 de abril de 2020

RETO 10

Bigotes, Libro Para Colorear, Conejito De Pascua imagen png ...


BOA PASCUA AMIG@S!
Hoxe temos para vós unhas probas moi divertidas, estades preparados? 

MENTE EN FORMA


Aproveitando que estamos en Pascua, que vos parece se facemos o noso propio coelliño?
Para isto só precisas

- Un rollo de papel rematado

- Cartolinas ou folios de cores
-Tesoiras para recortar as cartolinas
Tienda online con Subcarpeta cartulina folio 185 gr azul (32201 ...Sabes qué hacer con un rollo de papel higiénico?Material Escolar | Tijeras de punta redonda – TodoParaelCole

Como facer o teu coelliño? Moi sinxelo 
1. Doblamos unha das partes do rollo de papel


2. Facemos as orellas: Nunha das cartolinas e coa cor que queiras debuxa a forma das orellas dun coello, logo, só tes que recortalas e pegalas na parte que NON dobraches do rollo de papel.



3.
E listo... agora só tes que pintar os ollos nariz e bigotes do teu coelliño e porlle cor. 

Decoración cumpleaños infantil - Ideas divertidas para los niños -

Podes meterlle caramelos, gominolas ou oviños de pascua no interior e regalarllo á túa familia por pascua!
RECORDA mandarnos unha foto ou vídeo do teu coelliño.

IMPORTANTE


"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"

CORPO EN FORMA
XOGO DE PISTAS

Xa sabedes o que nos gusta un xogo de pistas polo cole, por iso propoñemos unha nova versión polas casas, adaptado a cada un, porque os maiores serán os encargados da preparación e do agasallo final. Pódedes escoller de agasallo o que queirades, pero xa que estamos en Pascua porque non realizamos unha búsqueda de ovos de Pascua?

Por iso o xogo de pistas para os máis pequenos irá acompañado de imaxes, podedes usar as do exemplo ou elaborar outras. Se podemos que cada imaxe corresponda a unha estancia da casa, mellor!!

Deberedes ensinarlles a imaxe e irán correndo a buscar a seguinte pista para poder así realizar a proba. A primeira imaxe teredela na man e o resto deberan atopalas nas diferentes estancias da casa.

1- Cantar e bailar unha canción 
2- Ensinarnos como lavar ben as mans con mímica
3- Facer saltos polo pasillo como coellos
4- Rodar como se fósemos as croquetas da casa
5- Ir correndo por todas as habitacións e ir pechando as portas.
6- Encestar a unha distancia os xoguetes nunha caixa
7-Subir e baixar 10 veces, tocando o chan coas mans.
8- Tapar os ollos e buscar as zapatillas agochadas polo chan.

Se superades estos 8 retos, gañaredes un agasallo feito polas vosas familias, ánimo e a xogar todos xuntos!


LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:


Conejito feliz pascua - Descargar Vectores Gratis, Illustrator ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario