HOXE TEMOS O PRACER DE CONTAR NO NOSO BLOG CON MAMÁ CABRA👏👏👏
Premede no enlace e a disfrutar
Mamá Cabra é un grupo de música infantil galego que iniciou a súa andaina no ano 2000. Desde entón editou xa oito traballos.
Os seus espectáculos musicais son moi participativos e a súa música é divertida e incorpora valores didácticos, como a adquisición de hábitos saudables, ou o desenvolvemento das capacidades psicomotrices a través do baile e os movementos coordinados. Os ritmos modernos (rock, pop, funk…) dotan a Mamá Cabra dun especial atractivo que seduce, desde fai máis de dez anos, a miles de nenos e nenas, e ás súas familias.
A idea orixinal naceu de Gloria Mosquera Roel, que preparaba cancións para as súas clases de Educación musical. O grupo ten como formación básica cinco músicos: guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, vento e voz, e, segundo os proxectos, esta formación vese ampliada coa incorporación de coro, acordeón e outros instrumentos.

MOITÍSIMAS GRACIAS GLORIA E TOMI POR COLABORAR NO NOSO BLOG CON ESTA CANCIÓN TAN ACORDE AO NOSO TRABALLO DESTE CURSO💚
👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 Gracias 😊 🎵
ResponderEliminar