lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

30 de marzo

PROBA MENTE EN FORMA


A maxia da cor


Moitos de vós tedes nas vosas ventanas fermosos arcos da vella para encher de cores estes días na casa. Que vos parece se creamos un arco da vella dentro da nosa casa?



O  arco da vella é algo incrible á vista, en especial para os nenos. Observar as súas 7 bandas de cores no ceo fai que che preguntes como se forma e que causa as súas fantásticas cores. Con este experimento coñecerás as respostas a estes interrogantes creando un  arcoíris na comodidade da túa casa.


Para crear o teu arco da vella necesitarás:



Resultado de imagen de como crear un arcoiris en casa


-Vaso con auga

-Espello
-Cuarto escuro
-Lanterna





Procedemento



Coloca o vaso de auga sobre unha mesa e logo sitúa o espello no seu interior nun ángulo. Asegúrache de que a habitación estea totalmente ás escuras. Pecha todas as cortinas e as persianas para que haxa unha escuridade total. Toma a lanterna e dirixe a luz cara ao espello que situaches dentro do vaso. Observa como aparece un  arco da vella no ángulo do teu espello. Axusta o ángulo do espello como queiras!






Acabas de facer o teu propio  arco da vella, pero sabes que explicación ten a túa creación? Un  arco da vela é un fenómeno óptico que aparece como unha banda de cores nun arco, e é o resultado da  refracción dos raios do sol pola choiva. Cando o sol brilla sobre as  gotitas de auga na atmosfera fórmase un  arcoíris.



IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"





PROBA CORPO EN FORMA


BAILA GALEGO!!


Resultado de imagen de baile gallego dibujo


 Tedes ganas de mover o esqueleto a ritmo de gaitas e pandeiretas? Imos a alo! 

PRIMEIRO paso é o moi importante. Debes estar de pé, o máis recto que poidas e cos teus brazos ben erguidos e dispostos a CHISCAR!  



Agora pasamos aos pés, neste vídeo verás uns sinxelos pasos de MUIÑEIRA!



Atréveste a mandar un vídeo de como o fas ti?

Por certo... saírache mellor se o fas ao ritmo do son... podes por esta canción mentras bailas



LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:








No hay comentarios:

Publicar un comentario