viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3

27 de marzo de 2020

RETO MENTE EN FORMA
Resultado de imagen de MAGIA  ABRACADABRA INFANTIL


Bo día!
Todos vós, que nos  coñecedes ben, sabedes que somos  uns apaixonados da maxia e por iso non podía faltar non  noso blogue un reto  deste tipo.

Para esta fin de semana  tedes que  equiparvos  coa  vosa indumentaria  máxica e  convertirvos en magos de  verdade.

Pasaremos un intre  xenial  facendo trucos e pronunciando as nosas palabras máxicas. 
Lembrade  enviarllo  aos vosos amigos e familiares, quedarán fascinados e seguro que lles arrincades un  sorriso  dende a  vosa casa.

 Coa nosa maxia e a nosa forza conseguiremos frear ao virus.

Para  iso  deixámosvos  dous ligazóns para que realicedes estes trucos tan chulos. 




"O QUE NON CRE NA MAXIA NUNCA A ATOPARÁ

Resultado de imagen de MAGOS NIÑOS ABRACADABRA

IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


PROBA CORPO EN FORMA:
"Malabares con Panos"

Agora é momento de exercitar o corpo!

Estes días iremos practicando diferentes xogos malabares, pero primeiro debemos saber que son os malabares :

"Non é un xogo nin un deporte, son ambas as cousas á vez"
                              
                                BRAVOOOO!!!

Para facer malabares só se necesitan gañas e dedicarlles un pouco de tempo cada día. Practicando melloraremos a nosa concentración, musculatura , axilidade , flexibilidade e manter o corpo e a mente en forma.

É un excelente  anti-tensión, notaredes que ao facer estes exercicios malabares non pensaredes en nada e así descansamos a nosa mente.


O material que necesitamos é: Un pano cadrado de 50x50cm, válennos  fulares, teas recicladas, bolsas de plástico, panos de cociña ... etc.

Usar a imaxinación para crear os vosos panos

SERÁN XENIAIS!!!



Chega o momento de pasar á acción pero antes é...

MOI IMPORTANTE

Ter as mans moi limpas así que lávaas con auga e xabón!! 

Xa estarás preparado/a para facer estes 3 sinxelos exercicios:

Exercicio 1: Lanzar o pano e recollelo coa mesma man 5 veces ( Realiza o exercicio coa man dereita e logo coa man Esquerda ata que che salga coas dúas mans)


Exercicio 2: Lanzar o pano e recollelo coa outra man 5 veces da man dereita á man esquerda e despois da man esquerda á dereita 5 veces.

Exercicio 3: Lanzar o pano e antes de collelo dar unha  palmada.


Non esquezas dobrar os xeonllos para recoller o pano do chan así as nosas costas estará sa.
Ánimo! Canto máis practiques mellor che sairá.



Panos ao aire e a rir!!


LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:




No hay comentarios:

Publicar un comentario