miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2

   25 DE MARZO DE 2020

    PROBA MENTE EN FORMA:

      "ECO COMEDEIROS"


Bo día! 

Hoxe propoñémosvos un bonito reto:  ECO COMEDEIROS PARA PAXAROS.

Neste reto propoñemos encher as nosas xanelas e balcóns de  comedeiros para paxaros para darlle deste xeito a benvida á primavera.

Non podemos esquecer que o pasado 20 de marzo, comezou a primavera e con ela, cheas de  paxariños comezaron a construír os seus niños e a prepararse para a chegada dos seus pitos. Que mellor maneira de axudalos que construíndo unhas casiñas onde poidan comer e beber?

Esta manualidade  é moi  sinxela de facer e queda moi chula no voso patio, xanela, xardín ou balcón.  Veredes como veñen os  paxariños!

Sabemos que moitos de vós xa as sabedes facer, así que ao choio! 

IMOS MOZOS!!! que vexan no noso barrio do que somos capaces os de POE e DEPORTE do SAL-LENCE.

casitas para pajaros con bricks reciclados

MATERIAIS NECESARIOS PARA FACER CASAS PARA PAXAROS:

-Un  brick reciclado.
-Un anaco de goma  eva,  palitos de xeado ou pintura.
-Un escarvadentes chinés ou algo que teñas por casa.
-Pinturas, papel de xornal,  aeronfix ...
-Pegamento.
-Pinceis.

COMO FACER CASAS PARA PAXAROS PASO A PASO:
Para facer unhas casiñas para paxaros con  bricks empezaremos por despregar a  doblez da parte superior do  tetrabrick e farémoslle un buraco nunha das súas paredes para que poidan entrar os paxaros.

Decorámolo con pintura, adhesivos, xornais ou o que se vos ocorra e a parte de arriba forrámola cun  retal de  foam, tea, pintura, palitos de xeado,...

Logo introduciremos un escarvadentes chinés por dentro para que se poidan subir os  paxariños.

Tamén se pode facer cunha caixa de servilletas ou calquera outro tipo de caixa que xa non nos sexa útil. Todo vale, que voe a imaxinación!


IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"

Most current Images bird feeders craft Ideas  Providing gulls is definitely just not a entertaining informative action which can be done with your family, but it als #bird #craft #current #feeders #Ideas #ImagesSchool project.  Home made  bird feeder from  recycled material.


PROBA CORPO EN FORMA:

"Peque Yoguis"


O corpo e a mente sempre deben estar fortes, por iso hoxe imos facer.... redrobre de tambor! pum! pum!pum!pum!pum!

YOGA!!!


O yoga vainos axudar a controlar os nosos pensamentos para atopar paz ao noso arredor, vos animamos a practicar en familia para así enchervos de boas enerxias!!!

Para comezar debemos preparar un espazo tranquilo, cómodo e especial. Buscar unha música calmada que sexa do voso gusto ( Exemplo de música Peque Yoga )

 IMPORTANTE  
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois da practica"

Quencemento:
1. Deitad@s no chan cara arriba pechamos os ollos e respiramos profundamente polo naris aguatamos 2 segundos e botamos de vagar o aire pola boca (repetimos 5 veces)
2. De pé intentamos ir movendo todas as partes do corpo dunha forma calmada e lenta: a cabeza, os brazos, as pernas, os seonllos , as mans , os pés...etc (15 segundos cada parte do noso corpo)

Xa estamos! damos paso ás figuras ou "asanas"

1. LOTO
2. SERPE


3. ÁRBORE



4.CARACOL

5.GATO

6. LEÓN

7.GARZA


Para retornar á calma senta no chan pecha os ollos e respira profundamente polo naris aguantamos 2 segundos e botamos de vagar o aire pola boca ( repetimos 5 veces)
ommmmm! ommmmmm!
Repetide en voz alta


LEMBRADE!!

SE ESTÁS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN: