lunes, 23 de marzo de 2020

XAQUE AO VIRUS









Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos vivindo coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 14 días, prorrogable algún tiempo mais. 

Trátase dun sistema telemático no que se plantexa a participación on line dos nenis e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) é un xogo virtual que leva por título:  Jaque Mate ao virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de ocio alternativas, colaborando na tarea de educar e ocupar máis que nunca ese espacio temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso grao de area. 

O xogo consiste nun tableiro virtual  que contén 19 retos a superar, relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, dende a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento asta os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común, tan necesarios e importantes  nestes momentos que estamos a vivir.

A presentación dun novo reto farase cada día no  siguiente blog: fapassallence.blogspot.com

Se ese reto se supera entre todos os nenos e nenas deste cole,  concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e seguir avanzando.
A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñeranse unha vez presentados os retos.  





ATRÉVETE! 




XUNTOS VENCEREMOS