jueves, 30 de abril de 2020

ZOOM 1 DE MAIO 17:00

Ola familias:

Se queredes participar con nós na videochamada, aínda estades a tempo, enviándonos un mail ao noso correo para darvos as contrasinais do ZOOM.

fapassallence@gmail.com

Veña animádevos!!!

Un saúdo!!

A música da semana



Radio Picariña; máis de 1000 cancións en galegos para nenos e nenas.

A primeira canle dixital de música infantil e xuvenil, engade esta semana novas cancións ás súas ondas para seguir conectando co público infantil e mozo. (Chuches amil, Mamá Cabra, Joao Alfonso, Alonso Caxade e Sara vidal entre outros).
Pode escoitarse en:
radiogalega.gal
na aplicación CRTVG
RadioPlayer España

Para facer estes días na casa máis alegres é fundamental a música, propoñémosvos este disco cheo de cancións tradicionais galegas, tamén tedes opción a baile se así o desexades na pista chamada "para cantar e bailar"
dibujo de niña bailando - Recherche Google | Λεξιλόγιο
Pincha sobre este enlace e... a disfrutar !

https://drive.google.com/file/d/1YAiThkgWwIKcXHV4-A3gpzpwo1ifoNjG/view?usp=drive_web

miércoles, 29 de abril de 2020

RETO 17

RETO MENTE EN FORMA 

Bos días!
Hoxe temos un reto moi doado e que sabemos que vos gusta un montón. Imos facer os nosos avións de papel e practicar a nosa puntería.

O primeiro é facer o noso avión.


Learn How to Make Paper Airplanes With These Five Paper Craft Websites

Unha vez listo, comezaremos coa nosa diana e a practicar!




















Lembrade practicar origami ou papiroflexia achega grandes beneficios, sendo especialmente recomendado para a vosa idade, xa que ademais de ser unha actividade moi fácil e flexible de facer, achega unha gran estimulación no desenvolvemento creativo.
Se vos apetece facer máis cousas botádelle un ollo as ligazóns de interese.


Que vos parece se facemos un circuíto pola casas metidos dentro dunha bolsa de basura?

Collede unha bolsa de basura ou enroscade unha manta e retade a Mamá e a Papá a unha carreira polo corredor.


Será moi divertido!



IMPORTANTE




"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:







RESPOSTAS RETO 16

MIRADE PARA AQUÍ, MENUDAS CARREIRAS  DE GUSANOS!!


E AGORA QUEREDES VER A VIDA SALVAXE DAS VOSAS CASAS?



MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR VÉMONOS NO SEGUINTE RETO!!

martes, 28 de abril de 2020

INVITADAS ESPECIAIS



HOXE TEMOS  O PRACER DE CONTAR NO NOSO BLOG CON MAMÁ CABRA👏👏👏

Ecoloxistas

Premede no enlace e a disfrutar

https://l.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fyoutu.be%2FsN0---4BPxU%3Ffbclid%3DIwAR343X2L273xjFFwEWhOu7KumJzFUc1ppYdDmT20vRjcc7ogLPA5se5R3IA&h=AT3MJHhYcs7DW4wkjz8BrgKFk03mMUqAE2BtcDRaXHD2wc8QcbrXeTWtiBsa7mShKbntOFNp9RidDz__Pxzn9yT6aP5gCIbHA1apr6SM6VDOEKhXkYyb0E0wwXOj7fT_1uU


Mamá Cabra é un grupo de música infantil galego que iniciou a súa andaina no ano 2000. Desde entón editou xa oito traballos.

Os seus espectáculos musicais son moi participativos e a súa música é divertida e incorpora valores didácticos, como a adquisición de hábitos saudables, ou o desenvolvemento das capacidades  psicomotrices a través do baile e os movementos coordinados. Os ritmos modernos (rock, pop,  funk…) dotan a Mamá Cabra dun especial atractivo que seduce, desde fai máis de dez anos, a miles de nenos e nenas, e ás súas familias.


A idea orixinal naceu de Gloria Mosquera Roel, que preparaba cancións para as súas clases de Educación musical. O grupo ten como formación básica cinco músicos: guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, vento e voz, e, segundo os proxectos, esta formación vese ampliada coa incorporación de coro, acordeón e outros instrumentos.


MOITÍSIMAS GRACIAS GLORIA E TOMI POR COLABORAR NO NOSO BLOG CON ESTA CANCIÓN TAN ACORDE AO NOSO TRABALLO DESTE CURSO💚

lunes, 27 de abril de 2020

CLASIFICACIÓN SEMANA 5

BOS DÍAS FAMILIAS! QUÉ TAL O PASEIÑO DE ONTE? 

XA A QUINTA SEMANA DE CLASIFICACIÓN, O FACEDES TAN BEN QUE LEVAMOS 2738 ANTIVIRUS DO NOSO COLE!
SEGUIDE ASÍ!!!

RETO 16

PROBA MENTE EN FORMA:CARREIRAS DE GUSANOS


El papel de DIY manualidades para niños | Papel gusano - YouTubeBos días!
Hoxe temos para vós un reto moi sinxelo,pero a súa vez moi divertido. Que vos parece facer estos simpáticos gusaniños e facer carreras coas vosas familias?
Deixamosvos unha ligazón para que vexades como se fan.

https://youtu.be/masXI2h3qt0


PROBA CORPO EN FORMA:

 Unha casa moi Salvaxe
¿Sabedes cómo fan vida cotiá os animais?
Papaaaaa! xa están os novos retos no Blog!! 
Esta receta de bolachas vai quedar ummmm saborosa!!





Cada animal móvese e comportase de maneira diferente, imos andar coma eles pola casiña. Anímadevos a sacar o voso lado máis salvaxe 
ARRRRRGGGG!!!
Deixamosvos algunhas pistas:

Pingüin: andaremos como un pingüin cos pés xuntos , debemos xuntar os talóns e intentar andar con eles ben xuntiños.

Elefante: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por debaixo del estirado e dobramos o cóbado para intentar coller o naris, desa forma o brazo estirado queda suxeito có brazo e  utilizámolo de trompa.
Tigre: andamos a catro patas mentras ruximos e damos gadoupas.
Canguro: damos saltos fortes cás duas pernas e os brazos dobrados.
: damos saltiños pequenos cós pés xuntos , os xeonllos flexionados e as mans no chan.


Usade a voso maxín para representar todos os animáis que queirades!!!

Chegou o momento de convertir a nosa casiña nunha sabana, no artico, na estepa australiana ou nunha selva amazónica. Mentras dure o reto deberemos toda a familia andar como estes animáis salvaxes, cando outro membro da familia nos diga: agora eres “animal” ( ex: tigre, águia, cocodrilo,etc) deberemos seguir co que estábamos a facer pero actuando como o faría ese animal. Non tendes que pasar moito tempo actuando así, o divertido é escoller o momento.
Imaxinade Bruno vai cara a cociña coller a merenda cando mamá berra: Bruno agora eres Pingüin , daquela Bruno terá que ir andando ata a cociña coma un pingüin. Mais Bruno tambén pode propoñer animáis a súa mamá, papá, irma@s..etc.
Os vosos videos de seguro serán moi salvaxes!!!!




- Rá-mona mira como fan o animal nestes videos a rapazada do Sal-Lence
- Vou Rá-quel estou a mirar as ligazóns de interese que molan mil!!!
LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:




RESPOSTAS RETO 15

Bos días! 
Esperamos que todos disfrutárades da saída de onte. Lembrade ter moita precaución para seguir vencendo ao virus.
Hoxe temos de primeiro as vosas xeniais respostas ao reto 15.

                          OBRAS DE ARTE




                         RESCATE DA VACINA







ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NOS RETOS SON MOI DIVERTIDOS!

domingo, 26 de abril de 2020

VÍDEO FAMILIAS

Neste día tan especial, queremos agradecervos a vosa participación neste blog que con tanta ilusión estamos a preparar, por iso...isto é para TODOS VÓS, unha vez máis 

GRAZAS!



E RECORDADE QUE... 
TODO SAIRÁ BEN

UN DÍA ESPECIAL

Vista previaHoxe é un día especial.
 Despois de tantos días sen sair e facéndoo tan ben, por fin chegou o día de sair un ratiño da casa. Non esquezades obedecer aos vosos pais e atender os consellos das autoridades sanitarias. 

MOI IMPORTANTE deberedes CORRER, SALTAR E XOGAR TODO O QUE POIDADES!


 Deixámosvos un conto moi chulo sobre isto                                                https://vimeo.com/411566658

sábado, 25 de abril de 2020

INVITADA ESPECIAL



María Vázquez​ é unha actriz española nada en Vigo. A pesar da súa mocidade, María Vázquez participou en películas e series de televisión, tanto con intervencións como con varios personaxes fixos.



Esta intérprete comezou a súa carreira profesional a finais dos anos 90, cando realizou un papel secundario na serie xuvenil Ao saír de clase. Desde entón realizou un intenso traballo actoral en España, sobre todo en Galicia. Apareceu en moitas longametraxes de proxección ás ordes de directores tan coñecidos como Montxo Armendáriz ou  Icíar Bollaín.



Outro ámbito no que desenvolveu a súa carreira interpretativa é a pequena pantalla, con papeis en series de TVE 1, Antena 3, Telecinco e de TVG.


                     MOITÍSIMAS GRACIAS MARÍA!😊
 ESTE FIN DE SEMANA NON PERDADES DE VISTA O BLOG ESTARÁ CHEO DE SORPRESAS!

INVITADO ESPECIAL👏👏👏

HOXE TEMOS A SORTE DE CONTAR CON ... TOURIÑÁN !


 Touriñán: "Tengo que aprender a decir que no" - Quincemil

Xosé Antonio Touriñán é un dos artistas máis completos do panorama galego. É humorista, actor e presentador.


Moi coñecido polas súas aparicións na televisión e teatro, Touriñán é especialmente valorado polos seus monólogos de humor. Case todo o mundo sabe del porque foi o encargado de darlle vida a Mucha, das populares Cantareiras de Ardebullo, ou porque noutras ocasións ten interpretado unha chea de personaxes xunto ó seu inseparable compañeiro Marcos Pereiro, co que formou no ano 2000 o dúo Os Dous de Sempre. Foi colaborador e protagonista do programa de entretemento con máis audiencia da Televisión Galega: O Land Rober. Nos últimos anos protagonizou varias series e obras de teatro entre as que destacan Fariña , Pequeñas coincidencias  e Justo antes de Cristo  e no teatro Somos criminais , con Carlos Blanco,Unha noite na praia e Fariña teatro.

MILLÓNS DE GRACIAS POR PARTICIPAR NO NOSO BLOG!

viernes, 24 de abril de 2020

RETO 15



PROBA MENTE EN FORMA
Challengue "Obra de arte"


Está moi ben esto do teletraballo para os adultos e o telecole para os nenos, pero se estás feito un "cadro" durante a corentena no fogar, polo menos que sexa de Picasso!! 
Este reto fíxose viral polas redes e cremos que pode ser moi divertido.
Por iso propoñémosvos pintarvos a cara, disfrazarvos, utilizar o que teñades por casa para convertervos en diferentes cadros, con fotos ou vídeos, así vemos o cadro en movemento, que vos parece?
Aquí vos deixamos algunhas ideas.
Los cuadros más famosos de Van Gogh | MUNDO FLANEUR


Já é possível ver as obras do pintor Vermeer em realidade aumentadaPin de Shir Dor en frida | Frida kahlo pinturas, Frida kahlo ...

Pablo Picasso, obras de arte, TodoCuadros.


Sen embargo as ideas máis especiais veñen da man duns grandes amigos. GRACIAS!!







PROBA CORPO EN FORMA:
MISIÓN RESCATE DA VACINA

Para esta misión necesitamos cinta crepé ou de carrocero para colocar polo corredor para facer un túnel para poder conseguir a nosa prezada vacina e obxectos ao final do corredor ou polo medio do camiño, que serán parte da vacina, poder ser pezas de puzzle, de lego o que queirades para cando consigamos todas as pezas construir a vacina. As pezas as conseguiremos unha a unha, así que deberedes pasar moitas veces sen tocar o láser polo corredor do Coronavirus!!


Moita sorte e a cumprir esta misión!!!






https://www.youtube.com/watch?v=zyF8IBVe7uA


IMPORTANTE




"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


LEMBRADE!!
SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:



RESPOSTAS RETO 14

BOS DÍAS FAMILIAS!! Onte foi o día do libro por iso a nosa comuniade de super lector@s enviaron as suas recomendacións

David e Martín nos deleitan ca lectura de:

     


Noa nos trae unha lectura cunha voz fermosísima sobre algo que a todo o mundo lle gusta...Un Bico!


Sabela nos propoñe un texto con reflexión final:
"amemos o diferente"



Mateo lee con moita soltura e con un mensaxe xenial:
"NON PASA NADA SE METEMOS A PATA, TODOS O FACEMOS"




Por outra banda tamén estibemos a saltar...OLLA para aquí IAGO!!




GRAZAS SODES @S MELLORES!!!

jueves, 23 de abril de 2020

Bibiotecas Municipais da Coruña: DÍA DO LIBRO

O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña lanza a campaña “Mollámonos polo Libro” amosando o seu compromiso co sector do libro e garantindo o acceso á cultura para todos os públicos.


Aqui vos deixamos o enlace a súa web onde poderedes disfrutar de todos os contidos:

O DÍA DO LIBRO




FELIZ DÍA DO LIBRO!

Niloofar Boroumand | Decoración de biblioteca escolar, Dibujos ...
Neste día tan especial queremos adicarvos os nosos contos favoritos







https://youtu.be/cRYZvJo0e7Q

SABÍAS QUE?

O Día Internacional do Libro celébrase o 23 de abril, pois nesta data pero en 1616 faleceron Cervantes e Shakespeare, dous dos escritores máis importantes da nosa historia !

shakespeare | Shakespeare, Literatura, Caricaturas de famososSerie Caricaturas Literarias - Miguel de Cervantes Saavedra - “El ...

    Shakespeare      Miguel de Cervantes       
  
Ademáis este ano Anna Llenas autora dos contos como o Monstruo de cores, Vacío ou Topito Terremoto, ofrece aos nenos un agasallo moi especial neste día.

 Uns personaxes para poder inventar diferentes historias-títeres, adxuntamos o link e ademáis os exemplos aquí para que os imprimades!