lunes, 30 de marzo de 2020

Os CONTOS DA SEMANA


Esta semana queremos recomendarvos os contos de Olga de Dios, unha autora e ilustradora de libros para a infancia.

Leotolda, de Olga de Dios - Pekelekehttp://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/la-gran-olga-de-dios-comparte-3-de-sus.html?fbclid=IwAR3kqU-p8FkNTX8libf9YyYc9VimlAxokV8SZYfyzLyMrIpPEPNQz7s_Cmo&m=1








El gran gigante bonachón (audio libro - 1) Roald Dahl en La ...







E para os máis maiores calquera de Roald Dahl, sabedes que nos fascina.

https://www.loqueleo.com/es/libro/el-gran-gigante-bonachon
https://www.librosdemario.com/las-brujas-leer-online-gratis

MOI IMPORTANTE FAMILIAS DO CEIP SAL LENCE (GALICIA: CADA DÍA MÁIS LINDA MÁIS LINDA!)

¿E se todo o Sal Lence, se xunta de maneira virtual?


Que vos parece se sacamos fotos coas nosas familias, avisamos aos compañeiros/as, tamén aos mestres/as, e todos/as nós incluidos os/as vosos/as educadores/as, facemos un video? pero precisamos que todos/as os/as nenos/as manden as súas fotos cos integrantes da casa, dende infantil ata sexto de primaria.


Veña qué pronto nos xuntaremos en persoa para facer unha gran festa conxunta!

QUERÉMOSVOS!!!


Podedes poñer comentarios, se vos apetece participar, e non vos olvidedes de avisar aos vosos/as compañeiros/as, que algúns ainda non coñecen o blog!!


fapassallence@gmail.com



SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:


CLASIFICACIÓN SEMANA 1



Ola rapaciñ@s! Nesta imaxe podedes ver a nosa puntuación nesta primeira semana (268) Nada mal verdade? Dámosvos a noraboa por esta súper puntuación, así lograremos combatir ao coronavirus, como non TOD@S XUNT@S!

CONSEGUIREMOS SUPERARNOS ESTA SEMANA ? Nós  pensamos que o conseguiredes!!!!






RETO 4

30 de marzo

PROBA MENTE EN FORMA


A maxia da cor


Moitos de vós tedes nas vosas ventanas fermosos arcos da vella para encher de cores estes días na casa. Que vos parece se creamos un arco da vella dentro da nosa casa?



O  arco da vella é algo incrible á vista, en especial para os nenos. Observar as súas 7 bandas de cores no ceo fai que che preguntes como se forma e que causa as súas fantásticas cores. Con este experimento coñecerás as respostas a estes interrogantes creando un  arcoíris na comodidade da túa casa.


Para crear o teu arco da vella necesitarás:



Resultado de imagen de como crear un arcoiris en casa


-Vaso con auga

-Espello
-Cuarto escuro
-Lanterna





Procedemento



Coloca o vaso de auga sobre unha mesa e logo sitúa o espello no seu interior nun ángulo. Asegúrache de que a habitación estea totalmente ás escuras. Pecha todas as cortinas e as persianas para que haxa unha escuridade total. Toma a lanterna e dirixe a luz cara ao espello que situaches dentro do vaso. Observa como aparece un  arco da vella no ángulo do teu espello. Axusta o ángulo do espello como queiras!






Acabas de facer o teu propio  arco da vella, pero sabes que explicación ten a túa creación? Un  arco da vela é un fenómeno óptico que aparece como unha banda de cores nun arco, e é o resultado da  refracción dos raios do sol pola choiva. Cando o sol brilla sobre as  gotitas de auga na atmosfera fórmase un  arcoíris.



IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"





PROBA CORPO EN FORMA


BAILA GALEGO!!


Resultado de imagen de baile gallego dibujo


 Tedes ganas de mover o esqueleto a ritmo de gaitas e pandeiretas? Imos a alo! 

PRIMEIRO paso é o moi importante. Debes estar de pé, o máis recto que poidas e cos teus brazos ben erguidos e dispostos a CHISCAR!  



Agora pasamos aos pés, neste vídeo verás uns sinxelos pasos de MUIÑEIRA!



Atréveste a mandar un vídeo de como o fas ti?

Por certo... saírache mellor se o fas ao ritmo do son... podes por esta canción mentras bailas



LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:








RESPOSTAS RETO 3






Menudos magos e magas temos no Sal-Lence!!!! Noraboa amigos!!! Neste reto acadamos unha chea de antivirus!! Xuntos lograremolo!!

GRACIAS POR PARTICIPAR!!!

UN ABRAZO ENOOOOOORMEEEEEEE!!!



Poñemos un resumo de todos os nenos/as que participaron neste reto!

viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3

27 de marzo de 2020

RETO MENTE EN FORMA
Resultado de imagen de MAGIA  ABRACADABRA INFANTIL


Bo día!
Todos vós, que nos  coñecedes ben, sabedes que somos  uns apaixonados da maxia e por iso non podía faltar non  noso blogue un reto  deste tipo.

Para esta fin de semana  tedes que  equiparvos  coa  vosa indumentaria  máxica e  convertirvos en magos de  verdade.

Pasaremos un intre  xenial  facendo trucos e pronunciando as nosas palabras máxicas. 
Lembrade  enviarllo  aos vosos amigos e familiares, quedarán fascinados e seguro que lles arrincades un  sorriso  dende a  vosa casa.

 Coa nosa maxia e a nosa forza conseguiremos frear ao virus.

Para  iso  deixámosvos  dous ligazóns para que realicedes estes trucos tan chulos. 




"O QUE NON CRE NA MAXIA NUNCA A ATOPARÁ

Resultado de imagen de MAGOS NIÑOS ABRACADABRA

IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"


PROBA CORPO EN FORMA:
"Malabares con Panos"

Agora é momento de exercitar o corpo!

Estes días iremos practicando diferentes xogos malabares, pero primeiro debemos saber que son os malabares :

"Non é un xogo nin un deporte, son ambas as cousas á vez"
                              
                                BRAVOOOO!!!

Para facer malabares só se necesitan gañas e dedicarlles un pouco de tempo cada día. Practicando melloraremos a nosa concentración, musculatura , axilidade , flexibilidade e manter o corpo e a mente en forma.

É un excelente  anti-tensión, notaredes que ao facer estes exercicios malabares non pensaredes en nada e así descansamos a nosa mente.


O material que necesitamos é: Un pano cadrado de 50x50cm, válennos  fulares, teas recicladas, bolsas de plástico, panos de cociña ... etc.

Usar a imaxinación para crear os vosos panos

SERÁN XENIAIS!!!



Chega o momento de pasar á acción pero antes é...

MOI IMPORTANTE

Ter as mans moi limpas así que lávaas con auga e xabón!! 

Xa estarás preparado/a para facer estes 3 sinxelos exercicios:

Exercicio 1: Lanzar o pano e recollelo coa mesma man 5 veces ( Realiza o exercicio coa man dereita e logo coa man Esquerda ata que che salga coas dúas mans)


Exercicio 2: Lanzar o pano e recollelo coa outra man 5 veces da man dereita á man esquerda e despois da man esquerda á dereita 5 veces.

Exercicio 3: Lanzar o pano e antes de collelo dar unha  palmada.


Non esquezas dobrar os xeonllos para recoller o pano do chan así as nosas costas estará sa.
Ánimo! Canto máis practiques mellor che sairá.



Panos ao aire e a rir!!


LEMBRADE!!

SE ESTAS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN:




RESPOSTAS RETO 2

 MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!

 Neste reto  acadamos unha chea de antivirus grazas  ás  vosas fotos e vídeos.  Seguide así e venceremos ao virus axiña!  Avisade a todos os  vosos  compañeiros e amigos, todos poden participar!!
Cada vez que  chega  unha  mensaxe  vosa   arrincanos un  sorriso que  fai que o tempo pase  máis deprisa. Grazas de verdade, sodes xeniais!

Emoji corazón😍 | Emojis de whatsapp nuevos, Imágenes de emojis ...



jueves, 26 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2

   25 DE MARZO DE 2020

    PROBA MENTE EN FORMA:

      "ECO COMEDEIROS"


Bo día! 

Hoxe propoñémosvos un bonito reto:  ECO COMEDEIROS PARA PAXAROS.

Neste reto propoñemos encher as nosas xanelas e balcóns de  comedeiros para paxaros para darlle deste xeito a benvida á primavera.

Non podemos esquecer que o pasado 20 de marzo, comezou a primavera e con ela, cheas de  paxariños comezaron a construír os seus niños e a prepararse para a chegada dos seus pitos. Que mellor maneira de axudalos que construíndo unhas casiñas onde poidan comer e beber?

Esta manualidade  é moi  sinxela de facer e queda moi chula no voso patio, xanela, xardín ou balcón.  Veredes como veñen os  paxariños!

Sabemos que moitos de vós xa as sabedes facer, así que ao choio! 

IMOS MOZOS!!! que vexan no noso barrio do que somos capaces os de POE e DEPORTE do SAL-LENCE.

casitas para pajaros con bricks reciclados

MATERIAIS NECESARIOS PARA FACER CASAS PARA PAXAROS:

-Un  brick reciclado.
-Un anaco de goma  eva,  palitos de xeado ou pintura.
-Un escarvadentes chinés ou algo que teñas por casa.
-Pinturas, papel de xornal,  aeronfix ...
-Pegamento.
-Pinceis.

COMO FACER CASAS PARA PAXAROS PASO A PASO:
Para facer unhas casiñas para paxaros con  bricks empezaremos por despregar a  doblez da parte superior do  tetrabrick e farémoslle un buraco nunha das súas paredes para que poidan entrar os paxaros.

Decorámolo con pintura, adhesivos, xornais ou o que se vos ocorra e a parte de arriba forrámola cun  retal de  foam, tea, pintura, palitos de xeado,...

Logo introduciremos un escarvadentes chinés por dentro para que se poidan subir os  paxariños.

Tamén se pode facer cunha caixa de servilletas ou calquera outro tipo de caixa que xa non nos sexa útil. Todo vale, que voe a imaxinación!


IMPORTANTE
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois do reto"

Most current Images bird feeders craft Ideas  Providing gulls is definitely just not a entertaining informative action which can be done with your family, but it als #bird #craft #current #feeders #Ideas #ImagesSchool project.  Home made  bird feeder from  recycled material.


PROBA CORPO EN FORMA:

"Peque Yoguis"


O corpo e a mente sempre deben estar fortes, por iso hoxe imos facer.... redrobre de tambor! pum! pum!pum!pum!pum!

YOGA!!!


O yoga vainos axudar a controlar os nosos pensamentos para atopar paz ao noso arredor, vos animamos a practicar en familia para así enchervos de boas enerxias!!!

Para comezar debemos preparar un espazo tranquilo, cómodo e especial. Buscar unha música calmada que sexa do voso gusto ( Exemplo de música Peque Yoga )

 IMPORTANTE  
"Non esquezas lavar ben as mans antes e despois da practica"

Quencemento:
1. Deitad@s no chan cara arriba pechamos os ollos e respiramos profundamente polo naris aguatamos 2 segundos e botamos de vagar o aire pola boca (repetimos 5 veces)
2. De pé intentamos ir movendo todas as partes do corpo dunha forma calmada e lenta: a cabeza, os brazos, as pernas, os seonllos , as mans , os pés...etc (15 segundos cada parte do noso corpo)

Xa estamos! damos paso ás figuras ou "asanas"

1. LOTO
2. SERPE


3. ÁRBORE



4.CARACOL

5.GATO

6. LEÓN

7.GARZA


Para retornar á calma senta no chan pecha os ollos e respira profundamente polo naris aguantamos 2 segundos e botamos de vagar o aire pola boca ( repetimos 5 veces)
ommmmm! ommmmmm!
Repetide en voz alta


LEMBRADE!!

SE ESTÁS INTERESADO EN QUE SE PUBLIQUE A RESPOSTA DO TEU RETO, DEBES CUBRIR A AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN: